sábado, 8 de noviembre de 2008

O goberno pontenovés rexeita contratar un asesor polos danos da N-640


Considera que primeiro haberá que evaluar todos os desperfectos que
ocasionou o estado do firme e insta ós afectados a consultar ós seus seguros.
O goberno pontenovés
rexeitou unha proposta
presentada polo PP local para
contratar un asesor xurídico que
informe aqueles afectados cuxos
vehículos quedaran danados polo
estado da estrada N-640.

Sigue leyendo...



O tenente
de alcalde, José Manuel Álvarez,
considerou que «contratar este
servicio sen saber con exactitude
a evaluación dos danos é case un
despilfarro para as arcas municipais,
tendo en conta ademais que
practicamente tódolos conductores
teñen un cobertura para a defensa
e reclamación de danos».
Os populares manifestaron a
súa satisfacción porque «se reanudaran
as obras da estrada», se ben
sinalaron que «non deixa de ser
chamativo» que ocorrera despois
de que o PP preguntara por isto no
Senado e no Parlamento.
SALARIOS . Polo que respecta ás
críticas dos populares, que apuntaban
a «insensibilidade» da alcaldía
ó rexeitar a súa moción para
reducir as retribucións do alcalde
e do edil de Obras, así como
conxelar as dietas e os gastos en
solidaridade co momento actual
de crise, Álvarez aclarou que «este
é unha postura demagóxica e cómoda
do PP local porque o traballo
que se leva feito dende o Concello
está precisamente baseado en reducir
costes que ata o momento se
viñan realizando».
Neste senso, puxo como exemplo,
«que a alcaldía estivera pagando
un coche policial con 1.500
euros, ós 350 euros que se pagan
na actualidade».
QUEIXAS. Os populares criticaron
tamén, na sesion plenaria celebrada
onte en A Pontenova, que
«haxa unha persoa do Grumir
realizando tarefas de limpeza no
polideportivo municipal, en lugar
de acometer as funcións para as
que está contratado».
Por outra banda, sobre a resposta
do Goberno local a que pagarán
«no seu debido momento» as asignacións
destinadas ós distintos
grupos políticos, os populares advertiron
que «se o PSOE pensa que
poñendo trabas e impedimentos á
oposición, non cedendo un local,
non pagando as asignacións, etcétera,
vai impedir que se realice
unha labor de oposición seria e
leal, equivócase».VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.