viernes, 24 de octubre de 2008

O Superti A Pontenova mantén a súa xeira vitoriosa en fútbol-sala


O Superti A Pontenova continúa coa súa positiva xeira de resultados. Desde que os pupilos de Josiño perderan na segunda xornada de liga diante do Bueu, non se lles escapou ningún punto. O pasado sábado deron conta do La Crema Bar Arranca, ao que bateron a domicilio por un apertado 3-4. Este trunfo mantén aos do Superti no segundo posto da táboa clasificatoria. A tres puntos está o Cesuras O Loureiro, líder da categoría e o único equipo que foi quen de gañar os seis encontros que se levan disputados.

Sigue leyendo...



Josiño, técnico dos pontenoveses, admite que os seus xogadores se atopan cheos de moral polo comezo de liga que están firmando. Porén, o preparador é cauto e non lle desexa impoñer aos seus xogadores algún reto máis grande que o de acadar a permanencia, obxectivo co que partían en agosto. «Debemos ser prudentes porque, de momento, non xogamos contra os equipos máis fortes da categoría. Os encontros que gañamos foron contra escuadras que se atopan nas últimas posicións da clasificación. Temos un mes de novembro moi difícil, xa que nos imos medir a catro dos mellores conxuntos do grupo». En canto ao seu vindeiro rival, o Concello de Vilamartín FS (Municipal da Pontenova, sábado ás 18 horas), Josiño valorou «a traxectoria positiva de resultados que levan, a pesar de ser un equipo novo na categoría», matizou.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.