miércoles, 8 de octubre de 2008

MATILDE PICOS VILAR Responsable da nova Oficina de Turismo de A Pontenova


A Pontenova conta cunha nova Oficina Municipal de Turismo na antiga estación de tren. Lévaa dende o primeiro deste mes Matilde Picos Vilar (Lugo, 1981), diplomada en turismo polo Centro Español de Nuevas Profesiones de A Coruña e licenciada en Humanidades en Lugo. Complementou a súa formación facendo un curso de posgrado sobre empresas evolucionadas e outro de conservación de técnicas de protección do patrimonio cultural. A oficina atende ao público de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.00 e os domingos de 11.00 a 15.00 horas.

Sigue leyendo...



-¿Por que lle atraeu o turismo?

-Para poder mostrarlle á xente a riqueza cultural que temos. Na Pontenova, neste caso (...) A veces a xente ao mellor non sabe o que hai, incluso xente da propia zona. A veces coñeces máis se viaxas fóra.

-¿Como «vendería» A Pontenova?

-O gran auxe que tén agora é de rutas para facer a pé, sobre todo a Vía Verde, que percorre a antiga vía do tren que unía a Pontenova con Ribadeo. Pódense facer uns doce quilómetros ata San Tirso, xa en Asturias. Hai zonas recreativas para visitar e todo o relacionado co pasado mineiro. Aquí se conservan os antigos fornos.

-Outras citas próximas que vaia a haber a nivel turístico.

-Tamén o ruta das minas se está xestionando para poñelo en uso. En canto a actividades, esta fin de semana vai haber unha exposición de pintura na nosa Oficina de Turismo.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.