jueves, 7 de agosto de 2008

Entrevista:IVÁN BRAÑANOVA Vendedor de coches en A Pontenova.


Iván Brañanova Fernández (Villameá-A Pontenova, 1982) ten 26 años e compaxina o seu traballo en Industrial Recense cun negocio de compravenda de coches, Automóviles Iván, aberto hai pouco.
«Coa crise o que hai que facer é pelexar máis e traballar máis».

Ver entrevista...



-Empresario xa, e tan novo.

-Considérome empresario entre comiñas. De momento intento selo.

-Din que as vendas de coche...

-Están caendo, están... Pero coa crise o que hai que facer é pelexar máis e traballar máis, é a miña opinión. En vez de ter coches máis vellos tes que traer máis novos e de mellor prezo.

-¿Que tipo de vehículos ofrece?

-De todo, teño quilómetro cero, novos... un pouco de todo. E de todas marcas.

-O cliente, ¿que coche quere?

-Para un matrimonio vendo un Toledo, un Passat, un Saab... Para xente nova tes que ir a un coche de gasolina e que corra, un 206 GTI, por exemplo, e se hai cartos xa tipo deportivo. O dos monovolumes tamén está moito de moda, ou o todoterreo.

-Pero o mantemento dun todoterreo é bastante custoso, ¿non?

-Cas rodas que lle pos a un todoterreo unha vez, posllas a un Panda para toda a vida. Pero hai xente que di que lle gusta, pregunta canto costa e punto. Eu lle digo ao cliente que mire tamén o seguro, o mantemento...

-¿Que se busca nun coche?

-Seguridade, confort... Recomendo mirar que non leve golpes se é coche usado e que teña quilómetros con libro de certificación.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.