martes, 5 de agosto de 2008

Entrevista a Antonio Vázquez Cociñeiro de La Estación, en A Pontenova.


La Estación é o nome dun restaurante aberto hai nove meses na Pontenova. Antonio Vázquez Miranda (Boulloso-A Pontenova, 1982) é cociñeiro deste establecemento. «Eu doulle toques e presentacións diferentes aos pratos que cociño».

Ver entrevista...



-Comentáronme que vostede é un cociñeiro bastante innovador...

-Si, é a liña que levamos. Facemos cociña tradicional pero cun pouco de innovación. O que intentamos facer tamén é sen saír moito do común. Este é un pobo pequeno e é un tipo de cociña que é difícil de entrarlle á xente. Aínda que o que queremos é facer unha cousa distinta ao que hai na zona. Por aquí xa tiñamos parrilladas, mesóns, restaurantes de cociña tradicional... Nós estamos contentos e vai bastante ben.

-Dígame algún prato que fai.

-Eu doulles toques e presentacións diferentes. Temos por exemplo Salmón en papillote crujiente sobre salsa de azafrán, que non deixa de ser un salmón, so que o envolvemos en pasta como se fora de hoxaldre. Á troita, por por outro exemplo, en vez de poñela normal sacámoslle pel e espiñas e facémola á prancha e lle poñemos xamón estilo milhoja e crema de pataca por debaixo.

-¿Cal é o perfil da súa clientela?

-Hai de todo. Traballamos bastante con grupos concertados e facemos o que nos piden, máis ou menos. Hai xente que pensa que vai ser caro pero a relación calidade-prezo está ben axustada. A xente agradéceche moito que a cociña sexa distinta. Hainos de Lugo que veñen comer aquí adrede.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.