miércoles, 20 de agosto de 2008

Carlos bermúdez Presidente de ACIA de A Pontenova.


Carlos Bermúdez Martínez (A Pontenova, 1964) leva case un ano como presidente da directiva da ACIA no Concello da Pontenova. Esta organización que se formalizou fai uns doce anos, encárgase de mellorar a situación do comercio e tamén, segundo afirma o seu presidente, de «facilitarlles un pouco as cousas aos comerciantes no tema do papeleo e en moitas outras cuestións».

Ver entrevista...




-¿Por que decidiu presidir esta asociación de comerciantes?

-A verdade é que non foi cousa miña, pedíronmo e cedín. Alguén tiña que coller o touro polos cornos e ademáis sempre intento que o comercio do meu concello funcione ben.

-¿Cal diría que foi o logro máis importante da ACIA?

-Un dos nosos obxectivos de sempre foi ter unha oficina de turismo en A Pontenova. Hai un mes que se abriron estas instalacións coa colaboración do Concello.

-¿Que actividades organizaron para impulsar o comercio?

-Fixemos a campaña de Nadal coas tendas de por aquí, unha ruta das tapas con unha gran afluencia, o mercado de Semana Santa e a primeira concentración de sendeirismo de Galicia. Ademais levamos o noso expositor á Feira de Mostras de Vegadeo.

-¿Xa teñen algo pensado para os vindeiros meses?

-Temos en mente facer un curso de escaparatismo entre os comercios da Pontenova e tamén repetiremos a campaña de Nadal.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.