domingo, 20 de julio de 2008

Os afectados da liña Boimente-Pesoz xa poden presentar alegacións.


O estudo de impacto ambiental sae por segunda vez a exposición pública, tras A liña Boimente-Pesoz é de dobre circuito, cunha potencia de 440 kilovoltios. Pasa polos
municipios lucenses de Viveiro, Ourol, O Valadouro, Foz, Alfoz, Lourenzá, Barreiros, Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, en total, 61 kilómetros.detectarse un erro no primeiro trámite.

Sigue leyendo...



O estudo de impacto ambiental
da liña de alta tensión que
unirá as localidades de Boimente
(Viveiro) e Pesoz (Asturias) xa está
de novo a exposición pública. Ésta
é a segunda vez que se realiza este
trámite, despois de que o Concello
da Fonsagrada e os veciños afectados
polo trazado da liña que promove
Red Eléctrica Española (REE)
solicitasen a anulación do período
de alegacións que se abriu en xaneiro
do 2007, por ser de 20 días e
non de 30 como establece a lei.
O novo anuncio de exposición
foi publicado no Boletín Oficial do
Estado (BOE) o pasado día 11, polo
que o prazo de alegacións comezou
o 12 e prolongarase durante
30 días. O estudo de impacto atópase
a disposición do público nas
dependencias da Subdelegación
do Goberno de Lugo.
Concellos e particulares xa confirmaron
a súa decisión de presentar
alegacións para procurar
o cambio de trazado da liña, que
afecta a núcleos de poboación e a
importantes explotacións agrarias
e establecementos turísticos.
A asociación Camín Grande,
que agrupa a afectados da Fonsagrada,
A Pontenova e Santa
Eulalia de Oscos (Asturias) xa está
preparando escritos, tanto a nivel
particular como colectivo. O seu
presidente, José Luis Díaz Álvarez,
avanzou que se repartirán entre os
veciños formularios para facilitar
as alegacións. Además, poñerase
en contacto cos alcaldes da zona
para coordinar as actuacións.
Díaz Álvarez considera que as
alegacións en contra do proxecto
que presenten as institucións serán
fundamentais, de aí que anime
a todos os organismos afectados
a implicarse no rexeitamento
á citada liña.
O Concello da Fonsagrada, pola
súa parte, xa ten preparado un escrito
en contra do trazado previsto.
Fontes municipais indicaron
que nos vindeiros días se convocará
a comisión que segue este tema
para presentar formalmente as
puntualizacións ó proxecto.
O alcalde, Argelio Fernández,
informou no último pleno das
xestións realizadas e reiterou a
súa disposición a presentar unha
alegación «ben estudada». Entende
que «a liña de alta tensión por
algún lado ten que pasar», pero
insiste en que o camiño elixido
por Red Eléctrica Española non é
o adecuado.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.