lunes, 19 de mayo de 2008

Se estan planificando dos rutas para la I concentración de senderismo.


La ruta de la antigua vía del tren minero, y la ruta da seimeira son las alternativas que baraja la organización para el próximo día 1 de junio, dependiendo de la participación, que se preve muy alta, habría que optar también por la ruta das Reigadas.

Ver información de las rutas...



Ruta da Seimeira


Comeza a ruta adentrándose por un camiño rodeado de pinos, acivros, abeleiras, castiñeiros e carballos, que pouco máis adiante convértese nun sendeiro con un monte baixo moito máis espeso e húmido e onde comezan a aparecer as primeiras arandeiras, fentos e o mofo recubrindo as pedras. De seguido o camiñante poderá escoitar o ruxir da auga que cae formando a fervenza da Seimeira, pero que non poderá observar dende o sendeiro sen desviarse.

No punto de desvío haberá que descender por un souto de castiñeiros e carballos con un firme solto e pedregoso recuberto polas follas que caen das árbores, punto dende o cal, pódese xa observar o caer da auga formando unha fervenza principal e moitas outras máis abaixo, as cales poderanse contemplar dende a súa base se se continúa descencendo ata o regato.

Xa de regreso ó sendeiro abandonado para observar as fervenzas, chégase ata dous muíños que no seu tempo, aproveitando a forza da auga permitían obter a indispensable fariña. Cruzando o regato, a ruta adéntrase noutro fermoso souto no que se mesturan castiñeiros e carballos cubrindo coas súas pólas a vida que baixo eles discorre.

O sendeiro ascende ata un mirador dende o que se poden observar as ladeiras das dúas montañas que percorre a ruta e a fraga máis abaixo. No monte baixo aparecen numerosas arandeiras que deixan paso á folgueira noutras zonas. Máis adiante o sendeiro cruza un novo regato para chegar ata un camiño máis amplio que levará sobre a aldea de Vilarxuvín. Ó longo deste camiño pódense observar as grandes penas da ladeira pola que comezou a andadura así como numerosos carballos de gran porte, rodeados de toxos, uces e xestas.

Ó chegar a Vilarxuvín atópase un desvío á man dereita con panel de sinalización dende onde se pode enlazar coa Ruta das Reigadas, acercándose ata Ponte Paradela. Tamén terémo-la posibilidade de elixir outra ruta montaña abaixo que nos levará á das Reigadas para xuntarse con ésta á altura dos muíños, un deles coñecido como Muíño da Seimeira; ou ben, outra que nos levará á Ponte de Escourido onde se xuntan o rego de Sanxés e o Río das Reigadas.

Ruta da antiga vía do tren A Pontenova - Ribadeo:


A ruta, que forma parte do conxunto "Vías Verdes", discurre ó longo do que fora a antiga vía do tren que comunicaba a comezos do século XX as minas de Vilaoudriz co porto de Ribadeo. Este trazado de 10 quilómetros mestura distintas superficies como asfalto, terra e pedras e nel pódense admirar varias pontes e túneles.

Trátase dunha ruta chea de contrastes, xa que se pode ve-lo Complexo lúdico que o Concello de A Pontenova posúe no Boulloso e máis adiante disfrutar da natureza en estado puro ante a falla de construccións nos arredores, ademais poderá observar mostras do paso do tren pola zona.

Outra das características salientables da ruta é que resulta ideal tanto para realizala andando, como correndo ou en bicicleta, polo que calquera persoa, sexan cales sexan as súas preferencias disfrutarán con esta ruta.

Ruta das Reigadas:


TRAMO BARREIROS - PONTE PARADELA

O inicio do primeiro tramo da ruta sitúase a 785 metros de altitude no lugar de Barreiros, pertencente á parroquia de San Pedro de Bogo. A ausencia de vexetación arbórea durante os primeiros 600 metros do camiño permítenos gozar, dende a súa cabeceira sur, dunha reconfortante vista panorámica caracterizada pola frondosidade da fraga na que discorre a Ruta das Reigadas.

Logo de sí, o camiño xira bruscamente á dereita para internarse nunha masa de piñeiros, e inmediatamente despois, introduciranos na vexetación característica da fraga, composta no seu estrato arbóreo por carballos, castiñeiros, abeleiras e acivros, que se verán acompañados dun abundante tapiz arbustivo-herbáceo conformado por queirogas, fentos e arandeiras, xunto cos fungos e liques que acarician as rochas dos numerosos regatos e fervenzas que conflúen no río que da nome á ruta.

As numerosas pontes coas que se atopará o camiñante permitirán acompañalo no seu sixiloso discorrer a través da fraga das Reigadas, rematando esta coa chegada á Ponte Paradela, fin do primeiro tramo da ruta.


TRAMO PONTE PARADELA - FERRERÍA DE SAN PEDRO

A 1,8 km ao sudoeste de Vilarxuvín pertencente á parroquia de San Pedro de Bogo e a 410 metros de altitude comeza o segundo tramo da ruta. Logo dos primeiros 100 metros, que transcurren por estrada asfaltada, desviámonos á esquerda para adentrarnos na fraga de Vilarxuvín.

No seu primeiro tramo, o camiñno discorre en curva de nivel uns 50 metros por riba da marxe dereita do leito do río Reigadas que, coa súa presenza, dará lugar á frondosidade da vexetación coa que alí se atopará o camiñante. Abundantes masas mixtas de carballos e castiñeiros nas que, nalgúns casos, destacarán fermosos exemplares centenarios, veranse acompañadas por abeleiras, pradairos e freixos xunto con algunha cerdeira dispersa, para logo de baixar a mirada, atoparnos co estrato arbustivo-herbáceo constituido por queirogas, xilbarbeiras, fentos e arandeiras xunto cos liques e fungos dos penedos.

Logo de camiñar 2,5 km, e de cruzarnos cunha corripa para a conservación e maduración das castañas, cuns antigos muíños e numerosas pontes, chegamos ao final da fraga de Vilarxuvín, para que de súpeto, se abra o ángulo de visión do camiñante e así poder apreciar a acción antrópica na conformación da paisaxe, coa presenza de masas de coníferas e algún pé de eucalipto illado que se mestura nas masas de frondosas autóctonas.

Para rematar o segundo tramo da ruta, únicamente resta un pronunciado descenso que nos levará ao carón da Ferrería de Bogo, ubicada na parroquia de San Pedro de Bogo, e que foi fundada no ano 1534 polo fidalgo Pedro de Miranda para o aproveitamento das riquezas férricas das súas terras a partir da forza motora do río Reigadas.


TRAMO FERRERÍA DE SAN PEDRO - A ERMIDA

O terceiro tramo comeza a 210 metros de altitude no lugar de Ferrería de San Pedro de Bogo, e caracterízase polo seu discorrer por espazos abertos.

A vexetación coa que nos atoparemos comprende un amplio abanico de conformacións vexetais: masas de coníferas, frondosas autóctonas, así como pasteiros presentes ao carón dos núcleos de poboación de Machuco, Muiñou e Panturreira cos que se cruzará o camiñante e que farán que teña que prestar especial atención aos elementos identificativos da ruta para non desviarse do camiño programado.

Logo de camiñar 3,6 km por este último tramo, chégase ó lugar de A Ermida, parroquia de San Xulián de Vilaboa onde finaliza a Ruta das Reigadas.



VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.