miércoles, 25 de enero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

O Sporting Pontenova, está ante unha situación apaixoante, na que necesita o apoio de todos vos. Líder da clasificación da Segunda Categoría Autonómica Rexional, dende a Xornada 7 afronta esta xornada un partido vital, a falta de 12 para finalizar o Campionato.  Fundado en 1979, militou unha temporada en Terceira División Nacional, 6 en División Preferente Autonómica, 12 en Primeira Autonómica, 15 en Segunda Autonómica e 3 en 3ª Autonómica.

Sporting Pontenova. História viva do noso Concello
Este Domingo ten una cita importante, un partido trascendental, na pelexa polo ascenso, por volver a unha categoría na que hai máis de 15 anos que non está.

Aproveitando que o horario non coincide co Real Madrid, F.C. Barcelona, Real Club Celta de Vigo nin R.C. Deportivo da Coruña, comprácenos invitarvos a esta cita, na que necesitamos o apoio e alento na nosa afección, do noso pobo, da nosa xente .

DOMINGO 29 DE XANEIRO DE 2017
16:00h
CAMPO DA MINA

SPORTING PONTENOVA – S.D. GUITIRIZ



¡Aúpa Sporting!

Esquela funeral Aurora Díaz Carballeira "Casa do Venturo - Santalla"

Clic para ampliar

Los GES de A Pontenova siguen buscando a la octogenaria desaparecida en Meira

3,4 e 5 de Marzo a Ruta da Troita

Os próximos 3,4 e 5 de Marzo celebrarase en A Pontenova unha nova edición da Ruta da Troita organizada como de costumbre polo Team Fozamontes.

lunes, 23 de enero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

U.D. FOLGUEIRO 1 - SPORTING PONTENOVA 1

Xornada 18. Resultados e Clasificación Oficial
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, David (Tontxu), Hector, Villi, Andrés Bouza, Roi (Borja), Jorgín (Mac), Carlitos, Adrian Pasarín e Matelo.

Gol: Tontxu

O Sporting Pontenova no puido pasar do empate a un na súa visita ao campo do Folgueiro. O Conxunto local foi mellor nos primeiros 45 minutos e os pontenoveses na segunda parte. O partido decidiuse nos últimos minutos con dous penaltis. Marcaba a U.D. Folgueiro no minuto 87 e na seguinte xogada, Tontxu, no minuto 89 transformou a pena máxima. 

Con este empate o equipo dirixido por Dani Moirón segue líder, sitúase 4 puntos por encima do 3º clasificado que marca os postos de ascenso, e  a un punto da S.D. Guitiriz, vindeiro rival dos gualdinegros, o proximo domingo 29.01.2017 as 16:00h no Campo da Mina.

                                                            Gol de Tontxu (min 89)

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. 2ª FASE (PREVIA 1)

SPORTING PONTENOVA 1 - C.D. COSPEITO 3

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Alvaro, Anxo, Fran, Pedro Neira, Mateo, Cubelas, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Andrei e Pedro Vadin.

Gol: Fran

SEGUNDA AUTONÓMICA ALEVÍN

RACING VILLALBÉS 5 - SPORTING PONTENOVA/E.D.M. A PONTENOVA 3

Sp. Pontenova/E.D.M.: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, Iago, Ruben, David e Paula. Tamen xogaron: Diego e Bruno.

Goles: David (III)

¡Aúpa Sporting!

Victoria de Ventura no I Cross Comarcal da Mariña

lunes, 16 de enero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 3 - S.D. MUIMENTA 2

A.Bouza, autor do 3º gol 
Sp. Pontenova: Rubenón, Luis (Puente), Héctor, Davicín, Villi, Borja, Tontxu (Cristian), Carlos Lopez (Maketo), Jorgin (A. Bouza), Pasarín e Matelo. 

Goles: Pasarín, Héctor e Andrés Bouza. 

O Sporting Pontenova segue intratable no que vai de 2017. Segunda victoria consecutiva dos pupilos de Dani Moirón, desta vez fronte a un bo Muimenta que vendeu cara a súa pel. 

Nun mal partido dos locais, que foron a remolque no marcador ata en duas ocasions, o equipo sacou a garra para conseguir quedarse cos tres puntos en xogo, gracias a un gol de Andrés Bouza no tempo de desconto, de remate de cabeza tras unha falta lateral. Poñianse as cousas dificiles cando no minuto 15 se adiantaba a S.D. Muimenta, pero apenas 10 minutos mais tarde Adrian Pasarín poñia as tablas no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Xornada 17. Resultados e clasificacion oficial
Na segunda metade, dominio do equipo local, que erraba ocasión tras ocasión, e nunha das poucas chegadas do Muimenta, no minuto 71 o equipo visitante conseguía poñerse por diante de novo no electrónico. Tres minutos máis tarde Héctor, tras saque de esquina,  volvía poñer as táboas no marcador, e non sería ata o minuto 92 cando Andrés Bouza colocaba o definitivo 3-2. 

Con este resultado, o equipo dirixido por Dani Moirón continúa unha xornada máis no primeiro posto, aumentando a distancia a 4 puntos co 3º Clasificado que marca os postos de ascenso directo a Primeira Autonómica Rexional, a falta de 13 partidos para o remate do Campeonato Regular de Liga. 

O próxima xornada, o equipo desplazase ao Vicedo, nunha dificil saída, para medirse a U.D. Folgueiro. O partido terá lugar o Sábado 21.01.2017 as 16:00h no Campo de Boavista (Folgueiro - O Vicedo)

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. 2ª FASE

E.D. LOURENZA 1 - SPORTING PONTENOVA 4

Sp. Pontenova: Diego, Dani, Juan, Alvaro, Fran, Roi, Pedro Neira, Mateo, Joselu, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Anxo e Pedro Vadin.

Goles: Pedro Neira II, Joselu e Fran.

¡Aúpa Sporting!

Equipos de excarcelación de última generación para los GES de A Pontenova

Se arreglarán 11 kilómetros de la carretera Pontenova-Fonsagrada con 295.725 euros

Resultado de imagen de arreglo de viales

viernes, 13 de enero de 2017

Visita A Pontenova o responsable comarcal do PP (José Manuel Balseiro Orol)


Este pasado miércoles visitaba A Pontenova el responsable comarcal del PP para ver la evolución de una serie de obras financiadas por la Xunta de Galicia. La foto fue sacada en Villaoudrid donde lo acompañaban entre otros Darío Campos (Alcalde de A Pontenova).

Superti vs Sala Orense,F.S. nos Remedios (Orense)

Un lance del partido entre el Sala Ourense y el Bueu jugado en Maristas. // Iñaki Osorio

lunes, 9 de enero de 2017

I OPEN PÁDEL CONCELLO DA PONTENOVA

Durante esta Fin de Semana disputouse na Pista Municipal de Pádel da Pontenova, de recente contrucción o I OPEN DE PADEL CONCELLO DA PONTENOVA, que reuniu a 21 parexas durante 3 dias de intenso pádel. 

Finalmente en categoría absoluta serían Felix  e Rubén os gañadores logo de impoñerse nunha reñida final a Lito e Hector.

Na fase de consolación, serían Gene e Legión os gañadores, impoñendose na final a Sandra (única muller participante no torneo) e a Héctor.

Na xornada do Domingo, como anteceso as semifinais e final, houbo un partido de exhibición de 4 xogadores que están entre os mellores da nosa zona. 


Campeóns
Sub-campeóns
¡Noraboa!

Esquela funeral María Rodríguez López "Casa Plazuelo - Villaodrid"

Clic para ampliar

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

MONDOÑEDO F.C. 1 - SPORTING PONTENOVA 2


Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Davicín, Hector, Tontxu, A. Bouza (Borja), Roi, Carlitos, Jorgin (Puente), Pasarín e Matelo (Fran).

Goles: Davicin e Roi

Roi Campos. Marcou o gol decisivo
O Sporting Pontenova conseguiu unha importante victoria na súa visita ao Campo da Viñas da Veiga (Mondoñedo). Comezaban mas as cousas para o equipo gualdinegro que vía como un dos seus referentes, Andrés Bouza, resentíase dunhas molestias musculares e tiña que abandonar o campo no minuto 10. O equipo, lonxe de virse abaixo, loitou con mais forza e unidade. Na primeira metade, que terminaría sen goles, houbo dominio alterno e ocasións repartidas, algunha máis clara quizas para o equipo local.

Na segunda metade o equipo de Dani Moirón, sabedor da importancia de gañar se quere continuar nos postos de privilexio da táboa clasificatoria, saiu a por todas e froito deso, no minuto 67 Davicin perforaba a meta mindoniense logo de rematar a rede un bo centro tras xogada persoal de Adrian Pasarín que establecía o 0-1 no marcador. A raíz diso o Sporting seguiu empuxando para tentar cerrar o partido pero nin Puente, nin Carlitos nin Adrian Pasarín nin Matelo estiveron acertados de cara a gol e froito diso cando o partido chegaba ao seu fin, nunha contra ben levada polo equipo local, establecianse as táboas no marcador, no minuto 87. O Sporting, que fora moi superior na segunda metade, adiantou liñas, lanzaouse a por todas e no minuto 94 Roi Campos levaba a ledicia a bancada gualdinegra, establecendo o definitivo 1-2.
Xornada 16

Con este triunfo o equipo da Mina segue lider, con tres puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado a falta de 14 xornadas para o remate da competición. 

Destacar o gran número de xiareiros visitantes que se desplazaron nunha fria tarde de inverno as Terras de Miranda, que lle fixeron sentir ao equipo como na casa. 

A vindeira xornada visitará o Campo do Mina a S.D. Muimenta, nun partido que terá lugar o Sabado as 16:00h. 



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 5 - S.D. RESIDENCIA "B" 2

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Alvaro, Fran, Roi, Neira, Mateo, Cubelas, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Andrei, Joselu, Pedro, Dani e Anxo.

Goles: Roi II, Andrei, Joselu e Cubelas


¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.