Clic para ampliar
jueves, 8 de diciembre de 2016
miércoles, 7 de diciembre de 2016
martes, 6 de diciembre de 2016
Desde hoxe están á venta os tickets do churrasco do Festival das Minas
Podes atopalos no Bar Puente, Río Eo, Casa da Cultura ou O Lar de Balbinalunes, 5 de diciembre de 2016
domingo, 4 de diciembre de 2016
sábado, 3 de diciembre de 2016
viernes, 2 de diciembre de 2016
O Grupo Municipal do PP da Pontenova denuncia que o Concello non ten alcalde
A Pontenova, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Municipal do PP da Pontenova denuncia que o Concello non ten alcalde, posto que quen ocupa a praza, o socialista Darío Campos, “está desaparecido”. Os populares sosteñen que, desde que foi nomeado presidente da Deputación de Lugo, A Pontenova está sen alcalde a todos os efectos.
O voceiro dos populares, David Álvarez, censura que o rexedor non exerza as súas funcións e non se preocupe “o máis mínimo” por darlle solución aos problemas da veciñanza. “Cada día son máis os veciños e veciñas que nos contan que se achegan ao Concello para falar con el e nunca está”, engaden.
Os populares pensan que se Darío Campos non ten interese en xestionar o Concello da Pontenova “o máis lícito é que lle deixe o posto a outra persoa”. Insisten ademais en que está a Gobernar cun proxecto que leva tempo esgotado, e que agora o está moito máis.
Desde o Grupo Municipal do PP consideran que a Pontenova se merece un alcalde a tempo completo e cun proxecto que permita que a localidade avance e non queda, como xa está, estancada e sen miras nin iniciativas de cara o futuro.
Falta total de transparencia
A esta deixadez de funcións por parte do rexedor súmase unha falta total de transparencia por parte do Goberno local. Así, os populares pediron no último Pleno que actualizaran a páxina web para poder controlar a acción do Goberno.
Na actualidade, censuran os populares, a información do portal oficial do Concello non está actualizada, non se poden atopar os decretos de Alcaldía nin información sobre os concursos públicos, polo que non cumpre coa función que lle é propia.
“Dinnos que todo o temos que pedir por escrito a través do secretario, o que non só obstaculiza a nosa labor como oposición, senón que ademais alonxa aso veciños e veciñas da súa administración máis próxima”, engade o voceiro do PP.
Fuente: Crónica3
jueves, 1 de diciembre de 2016
miércoles, 30 de noviembre de 2016
martes, 29 de noviembre de 2016
Sporting Pontenova. Fútbol Femenino
¡NOVIDADE!
Un novo proxecto estase cocendo neste clube. A raíz da iniciativa dun grupo de rapazas que queren comezar no deporte do Fútbol-11, dende o Sporting Pontenova facilitaremos un adestramento semanal cun adestrador/formador titulado, para probar e familiarizarse con este deporte. Tod@s aquelas rapazas, maiores de 16 anos, que esten interesadas en formar parte deste equipo, acercarse os Venres as 18:00h ao Campo da Mina con roupa deportiva.
![]() |
| Foto de Archivo. Último equipo femenino de F.S. A Pontenova |
¡Aúpa Sporting!
lunes, 28 de noviembre de 2016
CEA BAILE SPORTING PONTENOVA
Últimos dias para anotarse a Cea Baile do Sporting Pontenova.
Ven celebrar con nós a boa marcha do equipo.
¡Aúpa Sporting!
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL
A.D. CATRO ROLDAS 1 - SPORTING PONTENOVA 4
Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Villi, Hector, Bruno, Andrés Bouza, Borja (Roi), Jorge (Matelo), Tontxu (Ivan Fdz), Adrian Pasarín (Alex) e Puente (Cristian).
Goles: Borja, Pasarín, Tontxu e Andrés Bouza
O Sporting Pontenova consegui a súa 9ª victoria no que vai de temporada. Foi no Campo da Canteira (Román). Comezaba ben o partido para o cadro de Dani Moirón, levando o peso do partido e xerando ocasións claras. Sería Borja o primeiro en perforar a meta contraria no minuto 20, e pouco antes do descanso Pasarín ampliaba a vantaxe.
Na segunda metade saiu mal o equipo visitante e o Catro Roldas recurtaria diferencias no minuto 47, e achuchou a meta visitante, antes un Pontenova que se defendeu ben e sen pasar demasiados apuros. Xa no minuto 75 Tontxu ampliaba a ventaxa e Andres Bouza cun magnifico cabezazo cerraria o partido no minuto 85.
Con este resultado o equipo continúa líder, a falta de duas xornadas para finalizar a primeira volta, con só duas derrotas e dous empates en 13 xornadas disputadas ata o momento.
A vindeira xornada o equipo gualdinegro, despois de dous partidos consecutivos como visitante xogará no Campo da Mina contra o C.D. Cospeito, partido que terá lugar o sábado 10.12.2016 as 16:00h. Partido no que se espera gran afluencia de público para recompensar ao equipo por estas duas dificiles e importantes victorias a domicilio.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
SPORTING PONTENOVA 0 - C.D. FOZ 2
Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Alvaro, Anxo, Roi, Neira, Fran, Andrei, Cube e Ivan. Tamen xogaron: Marcos, Mateo, Pedro Vadin, Javi e Joselu
SEGUNDA NORTE ALEVÍN
S.D. PORTO BURELA "B" 5 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Paulo, Samuel, Isma, Iago, David, Paula, Mario e Kevin. Tamen xogaron: Diego, Ruben e Bruno.
¡AÚPA SPORTING!
domingo, 27 de noviembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















