jueves, 7 de diciembre de 2017
miércoles, 6 de diciembre de 2017
martes, 5 de diciembre de 2017
lunes, 4 de diciembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
SPORTING PONTENOVA 3 - FERREIRA C.F. 1

Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Héctor (Alex), Bruno, Salva, Fran Fiallega, Andrés Bouza, Borja (Tontxu), Moro (Jorge), Adrian Pasarín (Franchi) e Matelo.
Goles: Adrián Pasarín II e Matelo.
O Sporting Pontenova volveu a senda do triunfo, cerrando deste xeito a mala racha que atravesou que o tivo sen puntuar 6 partidos.
Nun partido serio dos pupilos de Dani Moirón, sabedores da importancia do encontro, o equipo saiu a por todas e a media hora de xogo xa mandaba no marcador, tras unha xenialidade de Andrés Bouza que meteu un balón profundo para incoporación por banda de Puente quen puxo un centro perfecto para que Adrián Pasarín perforase a meta visitante. Con ese resultado de 1-0 chegaríase ao descanso.
Na segunda metade o Sporting tiña o dominio do xogo, pero sen demasiadas ocasións. No minuto 60 produciase unha xogada na que o meta visitante derrubaba a Matelo, nunha acción moi perigosa do xogo e o colexiado decretou a expulsión deste. Xa cun home mais o Sporting cerraría o partido, con goles de Adrián Pasarín e Matelo tras sendas xogadas persoais.
Con este resultado o Sporting suma xa 13 puntos e achégase aos postos tranquilos da clasificación.
A vindeira xornada o equipo rende visita a todo un Club Lemos, nun partido que terá lugar o Domingo 10.12.2017 as 16:00h na Pinguela (Monforte de Lemos).
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO 6
C.D. COSPEITO 2 - SPORTING PONTENOVA 4
Sp. Pontenova: Diego, Dani, Adrian, Álvaro, Miguel, Juan, Iago, Esteban, Gabry, Cube e Christian. Tamen xogaron: Alberte, Anxo, Ivan e Diego.
Goles: Christian II, Álvaro e Gabry.
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA 0 - SILVA S.D. 0
Ribadeo F.C./Sporting Pontenova: Cristina, Sheila, Sabela, Lorena, Lucia, Verónica, Aranzazu, Chary, Nuria, Carolina e Irene. Tamen xogaron: Cristina e Amanda.
SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8
VIVEIRO C.F. "B" 1 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 6
E.D.M./Sporting Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, David, Paula, Yeray e Bruno. Tamen xogaron: Brais, Iago, Ruben, Mario, Miguel e Iker.
¡AÚPA SPORTING!
domingo, 3 de diciembre de 2017
sábado, 2 de diciembre de 2017
viernes, 1 de diciembre de 2017
AVELLENTAMENTO ACTIVO E SAUDABLE
Nace un novo grupo de avellentamento activo no Concello de A Pontenova, esta vez na parroquia de Vilameá. As sesións levaranse a cabo na Escola remodelada e comezarán este Martes 05.12.2017 as 19:30h. Inicialmente o grupo esta formado por 13 persoas pero o plazo para anotarse está aberto todo o ano.
Vilameá únese desta forma a Rececende, Xudán, Liñeiras, Villaodrid e ao nucleo urbano de A Pontenova como lugares no que se está impartindo esta actividade organizada e subvencionada polo Concello de A Pontenova que vela pola saúde e benestar da sía poboación.
jueves, 30 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. ¡NECESITAMOSTE!
¡O vindeiro Domingo necesitamos o teu apoio!
¡Necesitamos que o xogador Nº 12 marque o primeiro gol!
¡Necesitámoste a ti!
miércoles, 29 de noviembre de 2017
martes, 28 de noviembre de 2017
AVELLENTAMENTO ACTIVO
Os veciños da parroquia de Vilameá tamén queren poñer en funcionamento o servicio de Avellentamento Activo e Saudable que por a súa disposición o Concello de A Pontenova. Para iso terá lugar unha reunión informativa hoxe MARTES 28.11.2017 as 19:30h na Escola de Vilameá.
lunes, 27 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
S.D. SARRIANA 2 - SPORTING PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Moro), Andrés Bouza, Alex, Borja (Fran Fernandez), Jorge (Héctor), Adrian Pasarín (Franchi) e Matelo.
Gol: Adrián Pasarín.
O Sporting Pontenova non puido traer nada positivo da súa visita a Sarria e acumula xa 6 xornadas sen gañar.
Comezaba ben o partido para os pupilos de Dani Moirón, que no minuto 11, tras un maxistral saque de falta de Jorge, Adrian Pasaría cabezaba a rede establecendo o 0-1 no marcador. Pero pouco duraría a alegría xa que no minuto 20, tras un desaxuste defensivo o equipo local conseguia a igualada no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade, o marcador reflectía a igualdade que se via no terreo no terreo de xogo, nun partido aberto. No minuto 70 a S.D. Sarriana conseguia darlle a volta o marcador, nunha xogada ben trenzada polo cadro que adestra Julio Corral. Dende ese momento ata o final, o Sporting Pontenova tentouno de todos os xeitos, con claras ocasións nas botas de Adrián Pasarín ou Moro pero o resultado xa non se movería.
Con este resultado, o equipo gualdinegro achegase aos postos perigosos da clasificación, con catro partidos da primeira volta ainda por disputar.
A vindeira xornada recibe ao Ferreira C.F., equipo que ocupa postos de descenso, nun partido que terá lugar o próximo Domingo as 16:00h no Campo de A mina, e para o cal o equipo gualdinegro fai unha chamada aos siareiros para tentar cortar esta mala xeira e acadar un resultado positivo.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6
SPORTING PONTENOVA 2 - U.D. FERROVIARIA 1
Sp. Pontenova: Diego, Adrian, Dani, Alvaro, Anxo, Juan, Diego, Esteban, Cube, Ivan e Iago. Tamen xogaron: Fran, Gabry, Christian, Pedro Vadim e Miguel.
Goles: Fran Fiallega e Gabry.
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
SPORTING CAMBRE 0 - RIBADEO F.C PONTENOVA 4
Ribadeo F.C. Pontenova: Lorena, Sheila, Sabela, Lucia, Aranzazu, Chary, Nuria, Irena, Angeles, Cristina Carracedo e Cristina Fernández. Tamen xogaron: Iria e Bonia.
Goles: Cristina Carracedo II e Aranzazu II.
SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8
E.D.M./SPORTING PONTENOVA 4 - RACING CLUB VILLALBÉS "B" 1
EDM/Sporting Pontenova: Brais, Marcos, Ismael, Iago, Ruben, David, Mario e Iker. Tamen xogaron: Diego, Samuel, Paula, Paulo, Yeray e Bruno.
Goles: Mario, Paula, Iago e Paula.
¡AÚPA SPORTING!
domingo, 26 de noviembre de 2017
sábado, 25 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































