
martes, 21 de noviembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
SPORTING PONTENOVA 2 - S.D. MONTERROSO 3
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Franchi), Andrés Bouza, Borja (Luis), Alex (Jorge), Matelo, Fran Fdz (Tontxu) e Matelo.
Goles: Tontxu e Fran


PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6
S.D. PORTO BURELA 3 - SPORTING PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Dani, Álvaro, Miguel, Juan, Diego Lombardero, Cube, Gabry, Fran e Cristian. Tamen xogaron: PEdro Vadim, Ivan, Adrian, Esteban e Iago.
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
SPORTING PONTENOVA 2 - S.D. MONTERROSO 3
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Franchi), Andrés Bouza, Borja (Luis), Alex (Jorge), Matelo, Fran Fdz (Tontxu) e Matelo.
Goles: Tontxu e Fran

O Sporting Pontenova segue sumido na súa particular crise de resultados, encadenando xa 5 derrotas consecutivas. Nesta ocasión os pupilos de Dani Moirón caían fronte a S.D. Monterroso, nun partido moi igualado, no que o Sporting tivo opción de puntuar.
Comezaba marcando so minuto 20 a S.D. Monterroso, 0-1 tras unha boa xogada trenzada polo equipo visitante, e con este resultado se chegaría ao descanso.

Na segunda metade, un claro penalti cometido sobre Adrian Pasarín, transformaríao Tontxu para establecer táboas no marcador, nunha xogada na que o defensor do Monterroso debería ser expulsado, pero o colexiado do encontro, cunha actuación moi polémica, non entendeu así. Volveía adiantarse a S.D. Monterroso ao saque dun córner 1-2, e poñería terra de por medio establecendo o 1-3 outra vez tras un saque de esquina. Fran Fiallega executando maxistralmente unha falta establecía o 2-3 no minuto 77, e con 13 minutos aínda por diante, o Sporting Pontenova apretou e dixpuxo de varias ocasións pero o balón non quixo entrar.
A vindeira xornada, o equipo viaxa a Sarria para medirse a S.D. Sarriana, nun partido que terá lugar a tarde do Domingo e no que o cadro gualdinegro tentará cortar a mala xeira de resultados.
PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6
S.D. PORTO BURELA 3 - SPORTING PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Dani, Álvaro, Miguel, Juan, Diego Lombardero, Cube, Gabry, Fran e Cristian. Tamen xogaron: PEdro Vadim, Ivan, Adrian, Esteban e Iago.
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
RIBADEO F.C. PONTENOVA 3 - SPORTING BURGO 0
Ribadeo F.C. Pontenova: Cris Carracedo, Sheila, Sabela, Eva, Lucia, Vero, Aranzazu, Chary, Nuria, Carolina e Irene. Tamen xogaron: Angeles, Izaskun, Cristina e Amanda.
Goles: Propia Porta, Nuria e Vero.
SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8
S.D. VIVEIRO "B" 1 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 3
E.D.M./Sporting Pontenova: Brais, Marcos, Samuel, Ismael, Iago, Ruben, Paula e Mario. Tamen xogaron: Diego, David, Paulo, Miguel, Iker e Bruno.
Goles: Iago, Mario e David.
¡AÚPA SPORTING!
domingo, 19 de noviembre de 2017
sábado, 18 de noviembre de 2017
viernes, 17 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CANTEIRA
Boas noticias para o fútbol base de A Pontenova.
Paula Rodriguez foi convocada para un adestramento coa Seleccion Provincial Femenina Sub-12.
As Escolas Deportivas/Sporting Pontenova están recollendo os froitos ao bo traballo realizado nos últimos anos co fútbol base do Concello.
¡Noraboa Paula!
jueves, 16 de noviembre de 2017
miércoles, 15 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A XORNADA.
PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
Domingo 19.11.2017, 17:00h (Campo de A Mina - A Pontenova)
SPORTING PONTENOVA - S.D. MONTERROSO
PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6
Sabado 18.11.2017, 16:15h (Campo A Marosa - Burela)
S.D. PORTO BURELA - SPORTING PONTENOVA
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
Sabado 18.11.2017, 18:30h (Campo Pepe Barrera - Ribadeo)
RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA - SPORTING BURGO
SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8
Sabado 18.11.2017, 12:30h (Campo Municipal O Cembedo - Viveiro)
S.D. VIVEIRO. - E.D.M. A PONTENOVA/SPORTING PONTENOVA
¡AÚPA SPORTING!
martes, 14 de noviembre de 2017
lunes, 13 de noviembre de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
S.D. CHANTADA 7 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Rubén (Xoel), Puente, Álvaro, Salva, Villi, Andres Bouza, Tontxu (Luis), Jorge (Moro), Franchi (Alex), Adrián Pasarín e Matelo (Christian).
Antes do primeiro gol chantadiño, no minuto 21, O Sporting Pontenova gozou dunha boa ocasión, cun cabezazo de Andrés Bouza que atopou o porteiro ao remate dun córner. Foi a opción que tivo o sporting Pontenova para debuxar un futuro alternativo. Fallaron o gol e a realidade foi outra. A S.D. Chantada, que xa saira con todo a polo gol, fixo dous tantos antes do descanso e tralo 3-0 á volta dos vestiarios o partido encamiñouse cara o taxativo 7-0 final.
Con este resultado o equipo gualinegro retrocede un posto na clasificación, que o segue mantemento fora dos postos de peligro.
A vindeira xornada visita o Municipal de A Mina a S.D. Monterroso, nun partido que terá lugar o vindeiro Domingo 19/11/2017 as 17:00h.
PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6
SPORTING PONTENOVA 1 - E.D. LOURENZÁ 1
Sp. Pontenova: Diego, Adrian, Álvaro, Miguel, Alberte, Fran, Juan, Esteban, Cristian, Pedro e Cubelas. Tamen xogaron: Gabri, Diego, Dani e Iago.
Gol: Álvaro.
Segue a boa xeira do Sporting Pontenova, que sumou nas cinco últimas xornadas. Na pasada os de Andrés Bouza empataron ante un dos máis firmas candidatos a promoción, un Lourenzá que perdoou, especialmente na segunda metade, en vinte minutos de asedio dos que os locais lograron sair airosos.
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1
C.F. DEPORTIVO ORZÁN 1 - RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA 1
Ribadeo F.C./Sporting Pontenova: Tania, Sheila, Sabela, Eva, Lorenza, Lucia, Vero, Aranzazu, Chary, Nuria e Irene. Tamen xogaron: Carolina e Cristina.
Gol: Vero
E.D.M./SPORTING PONTENOVA 1 - S.D. PORTO BURELA "B" 5
E.D.M./Sporting Pontenova: Brais, Samuel, Marcos, Ismael, David, Iker, Mario e Paula. Tamen xogaron: Yeray, Rubén, Miguel, Bruno e Iago.
Gol: Mario
¡Aúpa Sporting!
domingo, 12 de noviembre de 2017
sábado, 11 de noviembre de 2017
viernes, 10 de noviembre de 2017
jueves, 9 de noviembre de 2017
miércoles, 8 de noviembre de 2017
martes, 7 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































