![]() |
| Pincha en leer más para ver toda la información |
sábado, 3 de junio de 2017
viernes, 2 de junio de 2017
jueves, 1 de junio de 2017
miércoles, 31 de mayo de 2017
martes, 30 de mayo de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
XXXIV COPA DIPUTACIÓN 2ª E 3ª REXIONAL
SPORTING PONTENOVA 0 - S.D. GUITIRIZ 0
![]() |
| Rubenón, protagonista do partido |
Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Davicín), Hector (Borja), Bruno (Mac), Villi (Tontxu), Roi, Andrés Bouza, Carlos, Moro (Puente), Adrián Pasarín e Matelo.
O Sporting Pontenova logrou onte a clasificación grazas ao acerto do seu porteiro Rubén na tanda de penaltis que decidiu o choque copeiro ante a S.D. Guitiriz.
O partido, disputado no Campo da Mina, foi bastante igualado e acabou os 90 minutos con empate a cero no marcador, malia que o Pontenova dispuxo de dúas claras ocasións na primeira metade, nas botas de Matelo, e doutra na segunda parte, nun cabezazo de andrés Bouza cara o final do encontro. A S.D. Guitiriz pola contra, case non xerou ocasións de gol.
![]() |
| Cadro XXXIV Copa Diputación 2ª e 3ª |
O 0-0 ao final do encontro obrigaba a decidir quen pasaba á seguinte rolda desde o punto de penalti. Comezou lanzando o equipo local, marcando gol. No primeiro tiro dos visitantes fallaron o seu penalti que atallou Ruben dando así vantaxe ao Pontenova e metendo presión ao Guitiriz. Os dous equipos fallaron o quinto e definitivo lanzamento da tanda, pero os goles de Carlos, Roi, Davicín e Maketo daban o pase aos locais.
Na próxima eliminatoria, que xa son Semifinais, visítannos as E.D. Lourenzá nunha eliminatoria a partido único, que aínda non ten horario confirmado.
¡Aúpa Sporting!
domingo, 28 de mayo de 2017
sábado, 27 de mayo de 2017
Moción presentada polo Psoe no pleno do Concello o 25/05/2017

A continuación reproducimos literalmente unha moción presentada no Concello no pleno
viernes, 26 de mayo de 2017
jueves, 25 de mayo de 2017
Luis Miranda de A Pontenova presidente de A Industriosa
| (Luis es el tercero por arriba empezando por la derecha. De polo azul cielo.) |
miércoles, 24 de mayo de 2017
martes, 23 de mayo de 2017
lunes, 22 de mayo de 2017
SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA
XXXIV COPA DEPUTACIÓN DE LUGO DE 2ª E 3ª REXIONAL
A.D. MATELA 0 - SPORTING PONTENOVA 1
![]() |
| 11 Inicial do A.D. Matela - Sporting Pontenova |
Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Tontxu), Héctor, Bruno, Villi, Andrés Bouza, Mac (Fran), Davicín (Borja), Carlos (Cristian), Adrián Pasarín e Puente.
Gol: Tontxu
O Sporting Pontenova logrou a clasificación para a seguinte rolda grazas a un gol de Tontxu no tempo engadido. O equipo de Dani Moirón foi superior durante todo o partido ao Matela, que aguantou durante máis de 90 minutos a súa porta a cero.
O partido comezou con dominio dos visitantes, que dispuxeron de dúas ocasións claras: un tiro que sacou baixo paus Pedro e unha falta que sacou Héctor no minuto 37 rematada por Andrés Bouza desde a frontal da área. Malia o dominio do Pontenova, o Matela aguantou ben os primeiros 45 minutos.
| Cadro da XXXIV Copa Diputación 2ª e 3ª Rexional |
Sen embargo o factor desequilibrante do partido viría no minuto 59 coa expulsión de Veiga, que deixou aos locais cun home menos sobre o céspede, algo que acusaron co paso dos minutos.
O sporting Pontenova non quería ter que xogarse a clasificación na lotería dos penaltis e o dominio visitante fixose máis insistente. No minuto 70 Carlos tivo unha boa ocasión só diante da portería pero o seu tiro razo cruzado marchou fora. Dex minutos despois, tontxu fixo lucirse ao porteiro local, que desviou a córner o seu lanzamento de falta directa.
O árbitro alongou 7 minutos o tempo regulamentario porque houbo moitas faltas e perdas de tempo, sobre todo por parte dos locais. Tontxu, que entrara en substitución de Luis, foi o revulsivo do equipo e marcaba o tanto da vitoria do equipo visitante no minuto 92 cun tiro raso dentro da área. Non tivo capacidade de reacción o Matela, que pagou o esforzo de xogar cun home menos.
En cuartos de final, o Sporting recibe a S.d. Guitiriz no Campo da Mina a partido único.
¡Aúpa Sporting!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























