DANIEL MOIRON CONTOU CUN BANQUILLO DE LUXO
No "sigue leyendo" as fotos do partido.
O dificil desprazamento desprazamento do equipo xuvenil nesta xornada o
renovado Campo do Acebreiro en A Pastoriza, saldouse cunha nova
victoria para o equipo de Dani Moirón por un contundente 0-4.
A
primeira metade foi de tanteo por parte dos dous equipos, pero o equipo
visitante, chegaba con perigo a porta contraria con claras ocasións de
Matelo, Antón e Turbo. Pero abería que esperar ata o minuto 44 da
primeira metade, cando unha excelente combinación entre Turbo e Matelo
acaba co primeiro gol para o equipo visitante, obra o dianteiro
asturiano que xa leva 14 dianas no campionato.
Na segunda metade
o equipo de Moirón saiu outra vez enchufado, non dandolle ningunha
opción o equipo local, e así chegaría o segundo tanto, obra de Antón,
logo dunha maxistral xogada e Christian pola banda que asiste a Matelo
que é o encargado de realizar a asistencia.
O terceiro gol chegaría
logo dunha falta botada por Antonio, que Turbo remata acrobaticamente
acadando o terceiro. E finalmente, unha gran internada de Matelo, que
asiste a Turbo e este logo de levar o seu defensor estrela un
impresionante trallazo na escadra da porteria local, cerrando así o
resultado. A partir deso, o adestrador visitante aproveitou para darlle
minutos a xente menos habitual, ainda que o marcador puido ser mais
abundante.
Dar as gracias a todos aqueles que se desprazaron animar o equipo, ainda que a mañá non estivera moi agradable.
A próxima xornada visita o Campo da Mina o Cospeito, colista da categoría.
No "sigue leyendo" as fotos do partido.